Orden do día do vindeiro pleno ordinario do Concello do Barco este xoves
O Concello do Barco de Valdeorras celebrará Pleno o vindeiro xoves, coma é o habitual os primeiros xoves de cada mes. Vai ser este pleno ordinario que se celebrará na Casa Consistorial o 2 de outubro de 2014, ás 19:00 horas coa seguinte orde do día que comezará coa aprobación da acta do Pleno da sesión celebrada o día 4 de setembro de 2014.
Darase ditame da Comisión Informativa de Patrimonio, Facenda, Contas e Promoción Económica relativo modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa polo servizo de axuda no fogar.
Tamén da mesma comisión tratarase o ditame relativo á bonificación no ICIO solicitado por D. Pedro Núñez Moldes e ó solicitado por Dona María Isabel Roca Nogueira.
Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, proposición do Grupo Municipal do P.P: relativa a “control e revisión das farolas do concello e eliminación dos cadros eléctricos das árbores”.
Procederase a dación de contas: Informe das resolucións da Alcaldía dende o nº 530/14 ata o nº 565/14 e das actas da Xunta de Goberno Local de 28 de agosto e 4, 11 e 18 de setembro de 2014.