Obras de reforzo do firme en varios treitos da estrada OU-504, OU-536 e OU-901, nos concellos de Proba de Trives, San Cristovo de Cea, Vilamarin e Beade

  • A Xunta inicia hoxe as obras de reforzo do firme en varios treitos da estrada OU-504, OU-536 e OU-901, nos concellos de Proba de Trives, San Cristovo de Cea, Vilamarin e Beade coa fin de incrementar a súa seguridade
  • Estes traballos foron adxudicados á empresa Construcciones Rafer por un importe de preto de 5600.000 euros
  • As obras, que teñen un prazo de execución de seis meses, centraranse en accións de fresado e reposición de firme
  • A través do Plan de reforzos de firme, a Consellería de Infraestruturas está a mellorar neste ano 2016 case 600 quilómetros de estradas de titularidade autonómica

DSC_0191-768x509

 

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda inicia hoxe as obras de rehabilitación de firme en treitos localizados da estrada OU-504, OU-536 e OU-901, nos concellos de Proba de Trives, San Cristovo de Cea, Vilamarín, e a Beade coa fin de incrementar a súa seguridade. As obras consistirán no fresado e reforzo do firme nestas estradas e teñen un prazo de execución de 6 meses, que se tentará acurtar para que estean rematadas no outono.

OU-536
Realizaranse traballos de rehabilitación de firme mediante o fresado da capa de rodadura existente en toda a sección transversal nos puntos quilométricos 68+950 a 71+225, na travesía da Pobra de Trives.

OU-901
A continuación realizaranse as obras de rehabilitación de firme entre os puntos quilométricos 0+471, en Agrela (concello de San Cristovo de Cea), e 8+450, en San Martiño (concello de Vilamarín). Neste tramo da estrada existen a súa vez tres subtramos nos que o firme está afundido na zona da rodeira polo que estenderase unha nova capa de rodadura nunha lonxitude de 3.100 metros para reparalo.

OU-504
Por último, nesta estrada levaranse a cabo as obras de rehabilitación de firme nos puntos quilométricos 3+465, onde remata a travesía de San Cristobo (Concello de Beade), e a 26+475, na intersección N-525 en San Cristovo de Cea. Neste tramo realizaranse as reparacións unicamente nos tramos que presentan deformacións, mediante fresado e reposición de firme en zonas puntuais.

Plan de Reforzos de Firme
Estas actuacións forman parte do Plan de reforzos de firme co que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda mellorará case 600 quilómetros de estradas de titularidade autonómica, a través dun investimento de máis 23 millóns de euros.

O Goberno galego continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

A Consellería de Infraestruturas está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con obras de conservación extraordinarias.

También te podría gustar...