Obradoiro de Instrumentos, entregados os diplomas

  • Entrega de diplomas aos alumnos do Obradoiro de Instrumentos
Entrega de diplomas aos alumnos do Obradoiro de Instrumentos

Entrega de diplomas aos alumnos do Obradoiro de Instrumentos

 

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, entregou onte no Centro Cultural «Marcos Valcárcel», os diplomas aos alumnos e alumnas do curso 2015-2016 do Obradoiro de Instrumentos da Deputación de Ourense, que dirixe Manuel Brañas. Fernández destacou a importancia de seguir mantendo as tradicións culturais, musicais e etnográficas, e asegurou que o ente provincial «apoia a creación de instrumentos musicais tradicionais para conservar o propio e formando a persoas para elo», polo que, felicitou aos alumnos e aos profesores polo traballo realizado ao longo deste curso.

No acto, o doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago e musicólogo Pablo Carpintero ofreceu unha conferencia-concerto sobre «Os instrumentos musicais na tradición galega», onde amosou máis de trinta instrumentos musicais diferentes da nosa tradición, entre eles sete tipos distintos de gaitas de fol. Pablo Carpintero fixo un percorrido pola historia dos instrumentos femininos así como, polas gaitas de fol. En canto ao seu traballo como artesán, céntrase na recuperación e reprodución de gaitas de fol antigas e outros instrumentos musicais tradicionais galegos, fabricando requintas, pandeiros, tambores, bombos, entre outros. En 2011 foi membro doórgano consultivo da UNESCO encargado de avaliar as candidaturas para as listas de Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade e tamén participou no grupo de traballo do Ministerio de Cultura Español, encargado de avaliar estas mesmas listas. É membro da comisión do Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega e directivo da Asociación de Gaiteiros Galegos.

También te podría gustar...