Obradoiro de Froiticultura Mocidade de Verín
- O alumnado visitou as instalacións do Centro Agrogandeiro do Inorde en Xinzo de Limia
O alumnado do “Obradoiro de Froiticultura Mocidade de Verín”, acompañados polo seu monitor, visitaron onte as instalacións do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde. O obxecto desta visita é que o alumnado coñeza os procesos básicos da sistemática de análise de solos, ademais das accións e servizos que o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico realiza no ámbito do sector primario provincial.
Nesta actividade abordouse a importancia que ten coñecer as necesidades dos cultivos, o respecto e os coidados que o agricultor lle debe dispensar ó solo de cultivo, a determinación e o control de pragas e enfermidades, a problemática dos agricultores de nova incorporación, a transición ecolóxica e a necesaria vinculación entre agricultura e medio natural.
O Inorde considera que a formación dos novos profesionais é unha liña de traballo esencial e, por elo, este tipo de iniciativas supoñen unha parte fundamental dos servizos que este organismo presta en apoio ao sector primario da provincia.