O Virxe do Carme de Sober galardonado na iniciativa ‘Voluntariado de lectura’

 

O Concello de Sober felicita ao CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober, que vén de ser seleccionado como un dos dez centros de Galicia galardoados na iniciativa ‘Voluntariado de lectura’ entre un total de 64 centros presentados.

 

O programa de Voluntariado de lectura-A (Primaria) premia ao colexio de Sober cunha achega de 600 euros para o desenvolvemento dun obradoiro especializado destinado a aqueles alumnos que tiveran un papel protagonista participando no deseño e xestión de actividades na biblioteca escolar.

También te podría gustar...