O vindeiro fin de semana celébrase o XV Megaxove – Salón de Xuventude en Ourense

Salón Megaxove

 

O vindeiro fin de semana celébrase o XV Megaxove – Salón de Xuventude en Ourense. Dende o día 5 ata o día 8 deste mes, no recinto ferial de Ourense celebrarase unha nova edición do Salón Megaxove, no que poderemos atopar múltiples actividades que xirarán entorno a catro tipos:

A primeria serán actividades formativas, vencelladas ás novas tecnoloxías e ao medio ambente.

Nunha segunda área, destacan as actividades adicadas  ao ocio e cultura, coma o Folclore e Baile tradicional, talleres, Xogos tradicionais, maxia,  actuacións musicais, xogos de mes, novas tecnoloxías e mais mdio ambente.

Nun terceiro grupo, actividades deportivas coma axadrez, futbol sala, baloncesto,….

E por último unas actividades de áreas promocionáis coma clubes, asociaciones juveniles, instituciones que traballan a pro da xuventude,…

El horario será de 11.00 a 14.00 horas, y de 16.00 a 20.00 horas.

El objetivo de este salón es reunir a niños, jóvenes y mayores, en unas jornadas en las que predominarán actividades de ocio que combinarán la formación y la diversión. 

RP Megaxove 2

  • O delegado territorial en Ourense, Rogelio Martínez, na rolda de prensa de presentación do certame explicou as actividades programadas pola Secretaría xeral para O Deporte e a Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado
  • Martínez salientou o carácter interxeracional do salón da Xuventude no que país e avos comparten actividades cos máis pequenos    

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou esta mañá na rolda de prensa de  presentación da décimo quinta edición de Megaxove, Salón da Xuventude que, dende o 5 ata o 8 de decembro, ofrecerá máis de 100 actividades de lecer e deportivas e converterá a Expourense no punto de encontro da mocidade galega durante a ponte festiva da Constitución e onde miles de rapaces e rapazas participarán de forma activa.

Expositores e entidades colaboradoras con Megaxove elaboraron un completo programa de campionatos, exhibicións, torneos e obradoiros cuxo obxectivo non é só a diversión, senón o fomento de valores como o compañeirismo, a solidariedade cos máis desfavorecidos, o traballo en equipo, a tolerancia, a igualdade ou o respecto ao Medio Ambiente. “Valores, todos eles, que dende a Xunta de Galicia non podemos deixar de apoiar e estimular e, por iso, un ano máis, tanto a Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado como a Secretaría xeral para o Deporte súmanse a este proxecto como colaboradores” asegurou Rogelio Martínez. Así estes departamentos autonómicos promoven a exposición “Educación, Deporte e Valores”.

 

RP Megaxove2

 

O delegado territorial salientou o carácter interxeracional do salón, no que pais e avós acompañan e comparten actividades cos máis pequenos.

Rogelio Martínez referiuse, na súa intervención, á conmemoración do Día Internacional do Voluntariado que se celebra o xoves que vén, día 5 de decembro. Aludiu ás máis de 850 asociacións que integran a Rede de Voluntariado Galego e asegurou que Megaxove é “o mellor escaparate para dar a coñecer as actividades relacionadas co lecer, a cultura ou o deporte que organizan durante o ano as distintas asociacións e clubs sen ánimo de lucro nas que están implicados miles de voluntarios e voluntarias de todo Galicia”.

RP Megaxove14

 

También te podría gustar...