O Valedor do Pobo ten constancia dos problemas do TAC do Hospital Comarcal de Valdeorras
Fontes ás que tivo acceso este diario vencelladas ao Hospital Comarcal de Valdeorras, confirmaron que o Valedor do Pobo xa ten constancia dos problemas que leva moitos meses tendo o TAC do hospital e do que eso supón para os pacientes que necesitan os seus servicios xa que deben desprazarse ata Ourense co que iso conleva.
Dende este hospital remitiuse a semana pasada un escrito ao Valdedor do Pobo para qué, en defensa dos cidadáns e os seus dereitos a unha sanidade digan, medie para poder conquierir a chegada dun novo TAC para o hospital.
Fai fincapé no mesmo que a xunta de persoal lle lembra que isto xa é unha promesa que ven desde o ano 2008, cando xa recoñoceuse a necesidade de cambialo, polo cal pódese decir que leva desfasado e con constantes arranxos xa más de seis anos.