O tren turístico Ruta do Viño Ribeira Sacra superou o 100% da ocupación durante toda a tempada

Onte tivo lugar a última viaxe do tren turístico Ruta do Viño Ribeira Sacra enmarcado dentro do programa “Galicia a todo tren”. Nesta viaxe estivo presente o presidente do Inorde, Rosendo Fernández; o xerente da Área Comercial e Servizo de Atención ao cliente de Renfe, Francisco Javier Díaz Trisac; e o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez que fixeron un balance positivo desta actividade turística, pois superou o 100% de ocupación durante toda a tempada.

 

Esta ruta esténdese polo territorio da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, unha vintena de municipios distribuídos entre o sur da provincia de Lugo e o noreste da provincia de Ourense. Parte de Ourense no tren turístico Aba Sacra, e os pasaxeiros teñen a oportunidade de coñecer a bodega Regina Viarum, de visitar o Centro de Interpretación do Viño, facer un percorrido en catamarán pola Ribeira Sacra, visita teatralizada ao Mosteiro de Santo Estevo e visita á estación Os Peares.

 tren del vino Galicia

Ademais desta ruta Ribeira Sacra, os trens turísticos de Galicia contan con seis rutas máis: Faros, Rías Baixas, Monterrei, Valdeorras-Ribeira Sacra, O Ribeiro-Rías Baixas, e Pazos e xardíns históricos, que funcionan entre os meses de xuño e setembro.

 

También te podría gustar...