O teatro, protagonista da actividade cultural en Monforte
- O Concello da a coñecer a súa programación teatral en Monforte para o primeiro semestre de 2022
- Serán 7 obras de teatro que se celebrarán no Edificio Multiusos, en horario de 20:15 horas as dirixidas a público adulto e ás 18 horas as dirixidas a público infantil e familiar, e contarán cun protocolo específico de seguridade e hixiene ante o Covid-19
- As entradas costarán 5 €, sendo para nenos, estudantes, desempregados e xubilados de 3 €. As entradas venderanse ata completar o aforo, seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación
O teatro volverá ser protagonista da actividade cultural deseñada pola concellería de Cultura de Monforte para o ano 2022.
No primeiro semestre deste ano, teremos a oportunidade de asistir a sete representacións de compañías profesionais dirixidas tanto a público adulto como infantil e familiar, e representaranse entre os meses de febreiro e maio.
Así, a participación do Concello na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios permitirá que se acheguen a Monforte as seguintes compañías e obras:
Programación para público Adulto: (20:15 horas)
- Libre como os paxaros de Teatro do Atlántico, o xoves 10 de xaneiro.
- A lúa vai encuberta da compañía Incendiaria, o xoves 10 de marzo.
- Cigarreiras da compañía Contraproducións, o xoves 24 de marzo.
- Tabú da compañía Tarabela Creativa, o xoves 7 de abril.
- As que limpan da compañía A Panadería, o xoves 19 de maio.
Programación para público Infantil e familiar: (18:00 horas)
- Saga de Flin Havardr, da compañía Trécola Monicreques, o xoves 31 de marzo, dentro do circuito Teatro Profesional, da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
- Quixote, da compañía Pedras de Cartón, o xoves 28 de abril.
Todas as representacións da rede de Teatros e Auditorios levaranse a cabo no Edificio Multiusos, ben ás 20:15 horas, as dirixidas a público adulto, ben ás 18:00 horas, as dirixidas a público infantil e familiar.
O prezo da entrada xeral será de cinco euros e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados. As entradas venderanse ata completar o aforo, seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación.
O Alcalde, José Tomé Roca,
anima ós monfortinos e monfortinas a que acudan a disfrutar desta programación de teatro do Concello de Monforte para o primeiro semestre deste ano, e que o fagan coa seguridade de que se atoparán coas medidas necesarias para garantir a súa seguridade ante a Covid-19, tal e como viñemos facendo ó longo do pasado ano 2021.