“O SEU DESTINO ERA CHEGAR A SER O QUE FOI” chega a Petín
A exposición “O SEU DESTINO ERA CHEGAR A SER O QUE FOI” sobre o atleta Luis Nogueira, chega a Petín, onde poderá visitarse dende o próximo 1 de decembro ata primeiros de xaneiro, momento en que rematará o seu percorrido pola comarca de Valdeorras. É por isto, que queremos convidarvos a asistir a inauguración da mesma o próximo xoves 1 de decembro ás 17h30 no Teleclub de Petín.
Como en ocasións anteriores, farase un percorrido pola súa vida e poderémonos achegar a obxectos persoais, como a súa xavelina coa que gañou numerosas competicións deportivas. Ademáis de deportista, Luis era aficionado á lectura, á escritura, á fotografía, amante da súa terra, da natureza, de conectar coa xente… De todas estas experiencias proceden as fotos e os escritos que se amosan na exposición e que pretenden reflectir o seu modo de ser e vivir.
A exposición permanecerá aberta dende o xoves 1 de decembro ata o domingo 8 de xaneiro. O horario para poder visitar a exposición será os venres, sábados e domingos de 17h30 a 19h30 no Teleclub de Petín.