O servizo de fisioterapia especializado de AGL beneficia a 69 persoas con linfedema

  • A ASOCIACIÓN AGL desenvolve un servizo de fisioterapia especializado a través da x solidaria

 

A Asociación Galega de Linfedema, Lipedema, Insuficiencia venosa crónica e outras patoloxías vasculares periféricas (AGL) continúa ao longo deste ano 2021 co proxecto “Servizo de Fisioterapia especializado en Linfedema e Lipedema”.

Este programa está confinado a través da convocatoria de concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social que xestiona a Xunta de Galicia, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF daquelas persoas que marcaron o recadro 106 de Actividades de interese xeral consideradas de interese social, coñecido pola X Solidaria.  

Este programa de fisioterapia ten por finalidade mellorar as capacidades e facilitar a autonomía das persoas a través da integración social e laboral. Actualmente son 69 persoas as que se benefician deste servizo especializado no tratamento de linfedema e lipedema que AGL desenvolve en 13 clínicas especializadas situadas nos concellos de: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Santiago de Compostela, Ferrol, Culleredo e Baio.

Dende AGL apuntan que, para evitar que a enfermidade empeore e se sinta agravada,  fisioterapia especializada resulta ser o tratamento máis eficaz. A día de hoxe a sanidade pública galega non conta cos recursos suficientes para ofrecer este servizo a todas as persoas afectadas destas doenzas, tendo que recibilo de maneira privada, sen poder ser asumido por todas as persoas o seu custo.  

Por este motivo, a asociación AGL decidiu poñer en marcha durante o ano 2015 este programa de fisioterapia especializada e agarda que se manteña no tempo por ser, xunto coas medidas de compresión, a maneira máis eficaz para tratar o linfedema e lipedema.

AGL é unha ONG constituída en 2004 para contribuír ao coñecemento, estudo e investigación do linfedema e o lipedema, así como para promocionar e levar a cabo toda clase de accións destinadas a mellorar a situación das persoas con esta patoloxía e familiares.

También te podría gustar...