O PXOM de Ourense, entra en xogo na campaña electoral
O PXOM de Ourense, entra en xogo na campaña electoral, ou iso é que asemellase no acontecido onte na cidade das Burgas, na que o actual rexidor, o socialista Agustín Fernández, deu unha rolda de prensa para indicar que o PXOM poderá estar para a súa aprobación provisional o vindeiro mes de xuño tras que foran desbloqueados algúns informes sectoriais entre os que se atopan os emitidos pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Ministerio de Fomento.
No obstante, dende este medio nos puxemos en contacto coa Confederación e nos indicaron que ‘non hai ningún desbloqueo dos informes que o rexidor ourensán din que hai’.
Ante esta situación solicitamos nos indicasen que debería de presentar o rexidor de Ourense para conseguir tal desbloqueo que anunciou a ‘bombo e platillo’ pola mañana na súa rolda de prensa, e nos indicaron que principalmente serían estudos de inundabilidade precisos para os desenrolos urbáns programados, que son os que básicamente dan a información que permite emitir á CHMS un informa favorable.
Francisco Marín, presidente da CHMS deu a este medio as correspondentes explicacións: ‘Non se pode aprobar ne emitir un informe positivo daquelo que non temos constancia’. E engadiu, ‘houbo contactos entre técnicos municipais de da Confederación mais a fecha de hoxe, non remitiron ninguna das informacións que lles solicitamos ao Concello de Ourense para que podésemos emitir un informe positivo que desbloquease o PXOM’.
Alegacións ou más electoralismo
Outro punto de controversia na rolda de prensa do rexidor ourensán foi o tema das alegacións, onde fixo fincapé en que atenderíanse dúas de cada tres das presentadas e enfatizou, que está atención faríase con ‘xenerosidade’.