O presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero falará en A Rúa sobre a “Represión dos intelectuais galegos a partir do 18 xullo de 1936”

  • A conferencia será na Biblioteca de A Rúa hoxe xoves a partir das 20.00 horas e está organizada por Podemos

Entrada a la Biblioteca de A Rúa

 

Hoxe xoves, 28 de xullo, ás 20:00 horas, na Biblioteca de A Rúa,  Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, pronunciará unha conferencia sobre a  «Represión dos intelectuais galegos a partir do 18 de xullo de 1936». A charla forma parte do Ciclo de Conferencias polo Ben Común que organiza Podemos A Rúa.

Natural de Vigo, Xesús Alonso Montero licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Madrid e en 1966 doctorouse na Universidade de Salamanca cunha tese sobre Curros Enríquez.

Militante do Partido Comunista de España desde 1962, foi represaliado en varias ocasións durante a ditadura franquista.

Catedrático de Lingua e Literatura Españolas das Escolas de Magisterio, exerceu en Palencia, Lugo e Madrid. Foi tamén, ata a súa xubilación, profesor na Universidade de Santiago e actualmente é presidente da Real Academia Galega.

Destacou no campo da sociolingüística con libros como O porvir dá lingua galega (1969) ou o polémico e contestado Informe -dramático- sobre la lengua gallega (1973).

Para rematar, darase a palabra aos asistentes e establecerase un coloquio sobre o tema.

cartel conferencia

También te podría gustar...