O presidente da Deputación recibe ao atleta Antonio Requejo, 3º no Campionato do Mundo de 100 km
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado polo asesor de Deportes da institución provincial, Bernardino González, recibiu hoxe no Pazo provincial ao atleta Antonio Requejo, quen ven de acadar o terceiro posto no Campionato do Mundo de 100 quilómetros, una proba na que logrou a marca de 6 horas, 37 minutos e 1 segundo, celebrada en Qatar. Manuel Baltar destacou que o deporte «reúne os principais valores do ser humano, os que nos fan crecer como personas, intelectual e físicamente: traballo, forza de vontade, superación de retos e compañeirismo, ademais das virtudes saudables que trae consigo a práctica deportiva», «pero se estamos a falar de alta competición –engadiu o presidente- como e o caso de Antonio Requejo e da esixente proba de 100 quilómetros, temos que falar tamén dunha preparación física que esixe un gran sacrificio non só físico senón tamén mental, polo que este logro ten un doble mérito».
Antonio Requejo era integrante ata a pasada tempada do club Ben-Cho-Sey. Na carreira, celebrada o pasado 21 de novembro en Doha (Qatar), rodaba no tramo final entre a 5ª e a 8ª praza, pero optou por lanzarse a pola medalla e finalmente logrou una vantaxe de máis de dos minutos sobre o cuarto clasificado. A súa marca supón a cuarta mellor marca española de todos os tempos.