O presidente da Deputación felicita a Alejandro Abad “por unir coa música infancia e solidariedade”

Manuel Baltar e Alejandro Abad

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no seu despacho do Pazo Provincial ao produtor, compositor e cantautor, Alejandro Abad, e aos directivos do Colexio Padre Feijoo-Zorelle de Ourense, os cales lle presentaron ao presidente do goberno provincial o proxecto solidario internacional en favor das vítimas do ébola, no que participa o coro infantil deste colexio ourensán.

Manuel Baltar felicitou a Alejandro Abad e ao director do Colexio Padre Feijoo-Zorelle, Honorato Losada, “por facer que a música sexa un nexo de unión entre infancia e solidariedade, dúas fermosas palabras cheas de responsabilidade e compromiso”, expresou o presidente.

Na reunión, o presidente destacou o “carácter solidario da provincia de Ourense” e propúxolle ao cantautor unir esforzos para realizar un proxecto solidario con fin benéfico, citando como exemplo o emblema da tradición musical que representa á Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e as Xornadas de Folclore, a manifestación cultural e artística máis importante das que se organizan en Ourense.

O compositor e o coro infantil do Padre Feijoo-Zorelle interpretarán hoxe (esta noite no programa “Luar” da TVG) por primeira vez en televisión a canción que está a crear “unha marea de solidariedade coas vítimas do ébola nos cinco continentes”, segundo explicou Alejandro Abad, actuación coa que os escolares ourensáns queren agradecer a Galicia seu apoio ao proxecto “¡C@ntamos contigo! Los niños del mundo dan gracias a la vida”, que ten como finalidade sensibilizar á sociedade e apoiar ás persoas que padecen ébola e outras enfermidades con alta incidencia infantil nos países máis desfavorecidos.

También te podría gustar...