O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou os concellos de Riós e Vilardevós
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe os concellos de Riós e Vilardevós. En Riós reuniuse co alcalde, Francisco Veiga, e con membros do equipo de goberno para coñecer as obras, proxectos e servizos que se están a planificar e desenvolver no municipio, relacionadas co parque empresarial, infraestruturas viarias e servizos sociais. Posteriormente, en Vilardevós, o presidente do goberno provincial mantivo una reunión co alcalde, Manuel Cardoso, e concelleiros do equipo de goberno, cos cales analizou proxectos de mellora de estradas e beirarrúas, parques biosaudables e servizos medioambientais e sociais que presta a Deputación de Ourense a este concello.
Estas visitas teñen como obxectivo coñecer in situ os proxectos que están a desenvolver os municipios, comprobar o bo nivel de execución das obras e servizos de carácter provincial e atender ás necesidades que plantexen para a mellora das condicións de vida dos veciños e da realidade socio-económica de cada municipio.