O pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras aproba una auditoría e mantén os criterios de cara á convocatoria electoral

  • Os criterios de reparto das vogalías do Consello Regulador de cara á convocatoria electoral do vindeiro ano mantéñense idénticos aos do ano 2012
  • Así o aprobou onte o Pleno do C.R.D.O. da D.O. Valdeorras por considerar que os datos de produción se mantiveron similares nos últimos catro anos
  • Tamén aprobou a autorización dunha auditoría das contas do ano 2016
Un momento del pleno del Consello Regulador

Arquivo. Un pleno do Consello Regulador

 

O Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras aprobou onte manter idénticos que no ano 2012 os criterios de reparto das vogalías do organismo de cara á convocatoria electoral de 2017, por non existir cambios significativos nos distintos censos en canto á produción que xustifiquen unha modificación no reparto.

Deste xeito, o sector cooperativista –que representa aproximadamente o 50% da produción e o 50% da elaboración do total da uva da comarca- manten un terzo da representación no Consello Regulador con tres vogalías. Por outra banda, o censo de viticultores non adscritos a cooperativas, que representan tamén case a metade da produción de Valdeorras, conserva tres vogais e o censo de elaboradores non cooperativistas (bodegas) permanece co terzo restante da representación. É dicir, con tres vogalías.

Ademais, o Pleno do Consello Regulador aprobou hoxe a contratación dunha auditoría das contas do ano 2016, no que se produciu un relevo na Presidencia do organismo. Tal e como sinalou o presidente da D.O., Francisco García, a idea desta iniciativa é continuar co labor iniciado de cara a favorecer a mellora continua da entidade avogando pola transparencia e polo perfeccionamento dos sistemas de xestión e análise do Consello. Precisamente, no Pleno da semana pasada coñecíase o informe da auditoría dos anos anteriores.

También te podría gustar...