O orzamento sanitario un 1% máis que o ano anterior

  • O orzamento sanitario por habitante no ano 2015 foi de 1.248,11 euros, o que supón un 1% máis que o ano anterior
  • Nota informativa da Consellería de Sanidade sobre a Memoria do ano 2015 do Consello Económico e Social

 
ConsSanidadeUnha vez analizados os datos que figuran na memoria do ano 2015 do CES, dados a coñecer recentemente en relación á evolución do orzamento sanitario das Comunidades Autónomas, a Consellería de Sanidade quere facer as seguintes puntualizacións:

Na evolución do orzamento sanitario consolidado de Galicia detéctase un erro no exercicio 2014. O informe indica que hai unha diminución no orzamento 2014 do 3,43%, respecto ao exercicio 2013. Tendo en conta que o orzamento consolidado do exercicio 2013 foi de 3.419.362.317 € e o do ano 2014 foi de 3.398.667.070 €, a diminución real foi do 0,61 %.

Tamén hai un erro no orzamento 2015 por habitante. O informe indica que foi de 1.083,27 €. O orzamento consolidado do ano 2015 foi de 3.410.272.715 €. A poboación de Galicia segundo datos do IGE é de 2.732.347 habitantes. Polo tanto, o orzamento por habitante en Galicia en 2015 foi de 1.248,11 €.

Como consecuencia do erro que se produce no orzamento por habitante no ano 2015, tamén se detecta un erro na porcentaxe por habitante con respecto ao ano 2014. O informe indica unha diminución do 10,37 %.

Considerando o orzamento consolidado 2014 e a poboación (2.747.559 segundo datos IGE), o orzamento por habitante en 2014 foi de 1.236,98 €. Dado que o orzamento por habitante en 2015 foi de 1.248,11 €, a variación real foi positiva (0,99 %).

También te podría gustar...