O movemento asociativo dinamiza A Pobra de Trives
As asociacións da Pobra de Trives Os Esquios, A.C. A Caniceira, Club Montaña Trives e Asociación Tiburos presentaron días atrás un cartel conxunto no que reúnen as actividades que organizan para este outono, todas moi atractivas e variadas.
“Este cartel non está pechado, temos algunha actividade máis en preparación”, afirman as e os protagonistas desta iniciativa dinamizadora convidando tamén a outras asociacións que teñan previstos eventos para que se unan a esta promoción conxunta.
Para o mes de outubro teñen programada dúas actividades. A Asociación Os Tiburos organizan o sábado 22 o ‘Outober Fest’, e o 29 o Motoclube Os Esquíos convida a un ‘Magosto Moteiro’.
Para novembro, 2 serán os eventos que dinamizarán a vila: as ‘Xornadas Micolóxicas’ que organiza o Club Montaña Trives os días 4, 5 e 6 e os ‘Cantos de Taberna’ do día 26 grazas á Asociación Cultural A Caniceira.
Como remate do ano, o 31 de decembro terá lugar a ‘Carreira San Silvestre’ que organiza tamén o Club Montaña Trives.