«O Mosteiro»: XXVIII Semana Cultural

ASOCIACIÓN CULTURAL “O MOSTEIRO” PON EN MARCHA A SÚA XXVIII SEMANA CULTURAL

 

A Asociación Cultural “O MOSTEIRO” de Vilanova, no Barco de Valdeorras, está a organizar a “SEMANA CULTURAL” deste ano 2022, que nesta ocasión terá lugar os días 8, 9 e 11 de agosto.

Esta edición conta cun programa para todos os públicos e dende a Xunta Directiva da asociación esperan que as actividades resulten do agrado de todos. Coma en anos anteriores contan para levar a cabo esta iniciativa coa colaboración do concello do Barco de Valdeorras.

PROGRAMACIÓN

O luns 8 de agosto comezan as actividades co concerto do dúo “FARSANTES” ás 22:00 h. nas pistas das Escolas. Esta formación musical está composta por Toño Varela (Guitarra e voz) e David Quintas (guitarra e coros). No seu repertorio fan un percorrido acústico aos clásicos do pop rock, incluíndo temas de música moderna. En case dúas horas de actuación pódense atopar dende o mítico “Mediterráneo” de Serrat ata Juan Perro e versións de formacións máis modernas como Morgan, Leiva, Fito y fitipaldis, etc.

O día 9 de agosto haberá xogos para a cativada e todos os e as participantes terán agasallo, unha fabulosa merenda xuntos ás 18:30 horas nas Escolas.

Para o xoves 11, e como fin de xornadas culturais, terá lugar unha conferencia a cargo de don Isidro García Tato na que disertará sobre “A figura de don Andrés de Prada y Gómez de Santalla”. Durante o acto descubrirase una placa que lembrará que os seus restos mortais están enterrados na Igrexa de Vilanova. A conferencia será na Igrexa ás 20:30 horas.

Durante a Semana Cultural estará aberta a aula “José Manuel González” para ver a exposición de fotografías antigas do pobo.

 

También te podría gustar...