O máximo representante mundial do Tai Chi en Ourense
- Silvia Dorado recibe ao máximo representante mundial do Tai Chi que imparte un curso desta especialidade deportiva en Ourense
A secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado, recibiu esta mañá no despacho ao mestre chinés Fu Qing Quan, considerado o máximo representante mundial do Tai Chi. A recepción tivo lugar con motivo do curso que este deportista está impartindo en Ourense e que reúne a máis de 40 profesores de distintos países de Europa para profundizar na teoría e práctica desta especialidade.