«O Mago Deimi» no Liceo de Ourense

Liceo de Ourense convídavos a unha sesión de mañá mércores, 28 de decembro

Chega, dende Ribadavia, O Mago Deimi cun espectáculo dunha hora cheo de humor e números de maxia que sorprenderán a toda a familia

O show empezará ás 19:30 h. e o custe da entrada será de 5 €, 3 € para as socias e os socios do Liceo

 
Damián Varela é «O Mago Deimi»

Natural de Ribadavia, Deimi ten afección pola maxia dende cativo, unha paixón que lle está acompañando toda a vida e así se pode comprobar en calquera dos seus espectáculos.

Formación adquirida con grandes mestres e tamén de forma autodidacta para ir, co paso dos anos, adquirindo unha personalidade propia e deixando unha impronta característica nos seus espectáculos.

Damián Varela foi a máis cos anos e ademais de mellorar a técnica adquiriu unha empatía e unha forma de facer chegar a maxia moi humorística. Tal é así que de actuacións privadas ou eventos, pasando por actuacións en Salas e Teatros está metendo a cabeza xa no terreo audiovisual.

Ten realizado interesantes colaboracións en programas da Televisión de Galicia como «Entre nós», «Máis Retranca» e incluso unha aparición na coñecida serie «Pazo de familia». Tamén gravou anos atrás para a mesma canle o programa «Cámara Gags» da coñecida Produtora CTV.

 

También te podría gustar...