O Inorde duplica os orzamentos, que en 2015 ascenden a máis de tres millóns de euros
O presidente da Deputación de Ourense e do Inorde, Manuel Baltar, presidiu hoxe as reunión da Comisión Executiva e do Consello Reitor do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico, nas que se trataron temas principalmente de ámbito económico.
Entre os asuntos analizados figura a aprobación do proxecto de orzamento do Inorde para o ano 2015, que supera os tres millóns de euros, duplicando desta maneira o orzamento de 2014 (1,4 M €). Este incremento débese en gran medida ao Plan de Emprendemento e a outras iniciativas de fomento de xeración emprego que levará a cabo Inorde, froito do convenio de colaboración asinado polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e polo director da Fundación Escuela de Organización Industrial (EOI), dependente do Ministerio de Industria, Fernando Bayón, acordo que permitirá investir máis dun millón de euros na provincia de Ourense en actividades destinada ao emprendemento xuvenil.
Pola súa banda, na comisión executiva aprobouse unha resolución sobre o outorgamento das subvencións a concellos da provincia de Ourense para a realización de acción de promoción de produtos ourensáns.