O Indicador de confianza dos fogares galegos mellorou en catro puntos no último ano e acada o segundo nivel máis alto dende 2004
O Indicador de confianza dos fogares galegos correspondente ao segundo trimestre de 2015 mellorou en catro puntos en comparación co mesmo período do ano anterior, segundo reflicte a Enquisa Conxuntural a Fogares, que publica hoxe o Instituto Galego de Estatística (IGE). Deste xeito, este indicador acada o segundo nivel máis alto dende mediados de 2004.
Este indicador mide as perspectivas dos consumidores e dos fogares respecto das súas expectativas de gasto e aforro, así como a percepción sobre a súa situación financeira persoal e sobre a situación económica de Galicia.
Na enquisa ponse de manifesto que as perspectivas sobre a situación financeira persoal melloraron en máis de 6 puntos no último ano e en máis de 2 en relación ao trimestre anterior. Ademais, as expectativas que teñen as familias sobre a evolución do desemprego tamén melloran en máis de 12 puntos con respecto ao segundo trimestre do 2014.
En canto ás perspectivas de evolución da situación económica en Galicia, tamén mostran unha evolución positiva. Neste sentido, o indicador reflicte unha mellora de máis de 12 puntos no último ano.
Situación económica dos fogares
O organismo estatístico da Administración galega tamén analiza nesta enquisa trimestral a situación económica dos fogares da Comunidade durante os últimos tres meses.
Os datos correspondentes ao segundo trimestre do 2015 sinalan que o número de fogares que declara chegar con moita dificultade a fin de mes reduciuse en case seis puntos en comparación co trimestre anterior.
ICC |
Situación financeira persoal (perspectivas de evolución) |
Capacidade futura de aforro |
Situación económica en Galicia (perspectivas de evolución) |
Desemprego (perspectivas de evolución) |
|
2012/I |
-29,04 |
-13,69 |
-28,17 |
-33,05 |
-41,24 |
2012/II |
-32,93 |
-17,12 |
-32,44 |
-35,94 |
-46,20 |
2012/III |
-40,83 |
-23,00 |
-31,24 |
-51,17 |
-57,92 |
2012/IV |
-41,45 |
-26,18 |
-41,93 |
-46,28 |
-51,42 |
2013/I |
-43,26 |
-27,34 |
-40,12 |
-51,12 |
-54,46 |
2013/II |
-36,38 |
-19,68 |
-28,89 |
-47,19 |
-49,77 |
2013/III |
-28,07 |
-11,55 |
-25,06 |
-40,00 |
-35,65 |
2013/IV |
-29,80 |
-11,69 |
-32,74 |
-34,82 |
-39,95 |
2014/I |
-25,29 |
-14,48 |
-31,56 |
-28,05 |
-27,08 |
2014/II |
-15,90 |
-9,33 |
-22,59 |
-15,97 |
-15,73 |
2014/III |
-17,16 |
-13,40 |
-26,30 |
-15,32 |
-13,64 |
2014/IV |
-17,00 |
-5,45 |
-35,86 |
-10,03 |
-16,68 |
2015/I |
-9,94 |
-5,53 |
-32,32 |
-0,38 |
-1,52 |
2015/II |
-11,88 |
-3,17 |
-37,55 |
-3,58 |
-3,23 |