O Incio agasalla con alxibeiras personalizadas aos alumnos da localidade escolarizados no CEIP de Oural
- O rexedor, Héctor Corujo, fíxolle onte entrega do material aos responsables do CEIP Antonio Fernández López e da ANPA
O Concello do Incio vén de facerlle entrega ao alumnado da localidade escolarizado no CEIP Antonio Fernández López de Oural de alxibeiras personalizadas co nome de cada un dos nenas e nenas. O mesmo agasallo que lles foi entregado aos nenos e nenas do CEIP Ricardo Gasset do Incio ao inicio do curso escolar.
Recibiron un total de 20 bolsiñas personalizadas cos seus nomes. O alcalde do Concello do Incio, Héctor Corujo, foi o encargado de entregárllelas onte aos responsables do centro e da ANPA.
Ademais das alxibeiras que o Concello do Incio financia para os vinte nenos e nenas da localidade, o CEIP de Oural en colaboración coa ANPA fará entrega tamén deste agasallo ao resto do alumnado do centro.
O Concello do Incio pretende con este agasallo facilitar o período de adaptación ao alumnado con este material no que cada neno pode gardar as súas pertenzas. A maiores, incorpora unha bolsiña na que poden gardar as máscaras cando o precisen.