O Incio acomete traballos de asfaltado no tramo Bardaos-Santalla

  • A actuación estará rematada nun prazo máximo dunha semana

O Concello do Incio acomete estes días traballos de asfaltado con aglomerado en quente no tramo Bardaos-Santalla.

A actuación, que está a levar a cabo a empresa OVISA, estará rematada nun prazo máximo dunha semana.

Trátase dunha estrada que soporta gran cantidade de tráfico, polo que o seu estado, bastante deteriorado, facía moi necesaria a intervención na vía.

O Goberno local segue con esta nova actuación facendo melloras nas estradas, o que redunda nunha maior seguridade para todos aqueles que transitan por elas.

 

  • Imaxes:

También te podría gustar...