O incendio en Casaio afectou 36 hectáreas
- Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio
- Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 36 hectáreas, das cales 0,5 son de monte arborado e o resto raso
A Consellería do Medio Rural informa da extinción do incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Casaio.
O lume, que comezou esta mañá ás 08:40 horas, quedou finalmente extinguido ás 17:10 horas desta tarde. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 36 hectáreas, das cales 0,5 son arboradas e o resto monte raso. Na súa extinción participaron 2 axentes, 2 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.