O I Trail e Andaina Trevinca-A Veiga rexistra 160 inscritos

  • As probas deportivas son tamén unha excusa para os participantes con fin de descubrir os paraxes más fermosos do municipio

O I Trail e Andaina Trevinca-A Veiga desenvólvese mañá, domingo, a partires das 10,00 horas. A  convocatoria foi un éxito pois ata de agora arredor de 160 deportistas (de toda a zona,  a comarca de Valdeorras e outras da provincia), entre andaríns e corredores, participarán no I Trail, correspondente ao II Campionato de Galicia de Trail.

Ás 10:00h da mañá dende a praza do Toural sairán os andaríns e ás 11:00h comezarán os dous percorridos de trail. Rematará ás 13:30h coa entrega de trofeos.

A proba contará con tres percorridos con distintos perfís: Trail longo: 21,3Km; Trail curto: 15,3 kilómetros, e andaina:13,7 kilómetros.

Trail longo

Trail longo

 

O Concello de A Veiga entregará a todos os inscritos na proba, un vale por importe de 4 euros para consumir nos establecementos de hostalería do municipio durante toda a xornada. Trátase dun aliciente máis para participar.

A proba contará coa  colaboración da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Veiga, que estarán presentes para velar pola seguridade dos participantes.

O atractivo desta cita deportiva non só e a práctica de deporte e senderismo senón que se convertiu nunha oportunidade perfecta para descubrir os lugares máis fermosos do municipio de tal xeito que dende o punto de vista turístico tamén tivo moita repercusión.

O Concello de A Veiga promoveu esta iniciativa que foi moi ben recibida polas persoas que gostan de pasar o domingo facendo deporte.

También te podría gustar...