O HCV renova o seu convenio coa Fundación Valdegodos
- O SERGAS renova o seu convenio de colaboración socio-sanitaria coa Fundación Valdegodos
- O convenio permite resolver a problemática dos pacientes que unha vez dados de alta ven limitada a súa autonomía persoal e carecen de rede social, ou condicións de habitabilidade axeitada ás súas novas necesidades
- A Fundación Dorzán os acolle desde súa alta ata seu traslado a un centro residencial de carácter público ou ata que superen ás necesidades de internamento
- Esta iniciativa de colaboración socio-sanitaria esta a ser adoptada agora por de hospitais públicos do resto de Galicia
O Hospital Comarcal de Valdeorras renovou onte seu convenio anual de colaboración de voluntariado coa entidade de carácter benéfico-socia Fundación Valdegodos, unha colaboración que permite dar unha resposta inmediata ás necesidades de internamento nunha residencia sociosanitaria daqueles pacientes que, cando son dados de alta, non poden retornar ao seu domicilio por problemas temporais ou permanentes de autonomía, habitabilidade da vivenda, carencia de rede social ou recursos, para facer fronte ou custo dunha praza nun centro residencial privado.
Con este tipo de convenios, promovido polo Servizo de Traballo Social, a Xerencia de Gestión Integrada do Sergas en Ourense é pioneira a nivel Galicia, os pacientes dos tres hospitais ourensáns contan cunha resposta inmediata, eficaz e solidaria ás súas necesidades puntuais de institucionalización, ou de ingreso intermedio, dun xeito gratuito ata seu acceso a unha praza pública nunha residencia.
Os requisitos para acollerse ao convenio son ser maior de 60 anos, ou de xeito excepcional menor desa idade; limitación de autonomía e necesidade de axuda dunha terceira persoa para as actividades básicas dá vida diaria; sen familia e/ou sen rede social de apoio, ou con disfuncións na mesma que lle impidan recibir os coidados necesarios; imposibilidade de acollemento noutra unidade de convivencia; sendo o ingreso nun centro a única alternativa posible ao deixar o hospital; con escasos recursos económicos, isto é, que non lle permiten facer fronte ou custe dunha praza residencial nun centro de carácter privado; e ter iniciadas as xestións e tramites oportunos para ou seu acceso a unha praza en Centro Residencial Público.
Asemade o convenio da resposta tamén a unha necesidade propia de tódolos hospitais públicos, xa que evita prolongar a estanza no hospital por motivos alleos aos puramente médicos, facilitando así o acceso ao sistema sanitario doutros doentes con problemas agudos de saúde, e que requiran hospitalización, garantindo ao mesmo tempo seu acceso a unha atención axeitada e de calidade e beneficiando a pacientes e institución sanitarias.
A renovación do convenio foi asinada hoxe entre a xerente de Xestión Integrada de Ourense, Eloína Núñez, e o presidente da Fundación Valdegodos, Miguel Blanco, nun acto no que tamén contou coa presenza do xerente do Hospital Comarcal de Valdeorras, Ciro Cabezas, e a traballadora Social desde centro, Ana María Sieiro.