«O financiamento local debe ser claro, sinxelo e práctico» Manuel Baltar na reunión da FEMP

  • Manuel Baltar: «O gran reto do novo mandato da FEMP será o modelo de financiamento local»
  • O presidente do goberno provincial participou onte en Madrid na reunión da Xunta de Goberno da FEMP, na que se analizaron temas económicos, de modernización administrativa e o funcionamento das redes territoriais e seccións

0 0 MB e xg femp ene16

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou onte en Madrid na reunión da Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios de Provincias (FEMP), na que se estudou o orzamento desta entidade para 2016, que ascende a 15,7 millóns de euros. O presidente do goberno provincial afirma que neste novo tempo político «a FEMP ten un importante papel que xogar, nun escenario que debe vir marcado por un novo modelo de financiamento local, o gran reto deste novo mandato».

Manuel Baltar considera que para una «efectiva e eficaz prestación de servizos aos concellos, e por extensións aos cidadáns, o marco do financiamento local debe ser claro, sinxelo e práctico, estudando a reforma do ámbito xurídico e competencial dos gobernos locais e do sistema de financiamento, para un mellor aproveitamento dos recursos a prol de seguir mellorando a cooperación inter e supramunicipal».

Na reunión da Xunta de Goberno da FEMP tratáronse outros temas como a «Carta Europea para a igualdade de mulleres e homes na vida local», e falouse tamén de cuestións referidas á modernización administrativa e ao funcionamento das redes territoriais e seccións.

No marco da FEMP a Deputación de Ourense forma parte da Rede española de entidades locais pola transparencia e a participación cidadá, integrada por 176 entidades locais das máis de 8.150 que existen en todo o territorio estatal. Manuel Baltar salienta «a importancia da cooperación nesta nova etapa do municipalismo español, marcada pola máxima transparencia e a colaboración interinstitucional».

También te podría gustar...