O dueto Soul & Roll no Ruxe-Ruxe

  • O dueto Soul & Roll, da televisiva Tamara Pérez, actúa en Quiroga
A formación musical ourensá Soul & Roll, con Tamara Pérez como vocalista é Miguel Araújo á guitarra, ofrecerán un concerto este sábado noite no local Ruxe-Ruxe de Quiroga.
 
Tras unha pandemia que está a facer moito dano á hostalería, e especialmente ás actuacións en directo, a xerencia do Ruxe-Ruxe quere recuperar ‘vellos tempos’ e animar o ambiente un pouco coa chegada de San Valentín. Aproveitando esta data, convida a «Renamorarse» do Ruxe e fai un chamamento á participación no que será o seu primeiro concerto deste 2022.
 
Así, pois, este sábado 12, as versións de Soul & Roll sonarán a partires das 23:00 h. e o acceso á sala será gratuito. A vocalista, Tamara Pérez, terá unha noite de doblete, mentras actúa no Ruxe-Ruxe tamén se lle poderá ver no Bamboleo da TVG… En calquera caso, non perdades a ocasión de gozar da súa voz no directo de Quiroga, está claro.
 

 

SOUL & ROLL

 
Dueto ourensán formado por Tamara Pérez –vocalista– e Miguel Araújo –guitarra e percusión– que comezaron a súa andaina musical no 2013.
 
Nos seus concertos prima o bo rollo e a espontaneidade, facendo que cada concerto sexa unha experiencia agradable e divertida. No seu repertorio priman as versións máis representativas do pop, soul, blues ou rock, tanto nacional como internacional, aínda que tamén teñen algún tema propio.
 
 

También te podría gustar...