O delegado territorial da Xunta en Ourense entrega os diplomas aos alumnos que participaron no obradoiro “Bosques de Trevinca-Macizo Central”

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou esta mañá o CEIP Bibei e o IES Carlos Casares, emprazados na localidade ourensá de Viana do Bolo2Un total de 20 persoas desempregadas recibiron hoxe de mans do delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, os diplomas que acreditan a súa participación no obradoiro de emprego “Bosques de Trevinca-Macizo Central” que agrupa aos concellos de A Veiga, O Bolo e Viana do Bolo. Deste programa mixto de formación e emprego tamén se beneficiaron outras 6 persoas que formaron parte do persoal directivo, docente e de apoio administrativo. O alumnado compaxinou, durante os seis meses que durou esta iniciativa, unha formación teórico-práctica de xardinería e albanelería co desenvolvemento dun traballo remunerado, grazas a un investimento da Consellería de Traballo e Benestar de 177.000 euros.

Rogelio Martínez, acompañado polo xefe territorial de Traballo e Benestar, José Selas, participou no acto de clausura deste obradoiro que tamén contou coa presenza do alcalde da Veiga, Edesio Yáñez, e do rexedor de Viana do Bolo, Andrés Montesinos.

O delegado territorial, na súa intervención, destacou ante os alumnos as distintas vantaxes dos obradoiros de emprego: combinan formación cun posto de traballo; permiten o desenvolvemento de obras ou servizos de interese para a comunidade; e abren un importante espazo de colaboración cos concellos para intentar que estes obradoiros teñan continuidade na creación de postos de traballo nun futuro.

Durante os seis meses de duración do obradoiro os 14 alumnos que elixiron o módulo de xardinería e os 6 que optaron pola disciplina de albanelería realizaron traballos de recuperación de infraestruturas e zonas verdes. En Viana do Bolo acondicionaron os parques infantís das zonas de As Carrelas e O Ferradal, e doutras zonas verdes municipais, e recuperaron os espazos axardinados do campo de fútbol, da gardería e do colexio.

No municipio do Bolo levaronse a cabo labores de axardinamento con especies autóctonas na praza dos Navallos de Celavente e na praza de Valdanta, ademais da restauración dun edificio en Chao do Castro e da fachada da antiga escola de Valbuxán, e a ampliación dunha ponte. Por último, no concello da Veiga, o alumnado deste obradoiro de emprego traballou no lugar de O Coiñedo no axardinamento de espazos públicos e na recuperación de camiños tradicionais.

 

También te podría gustar...