O consultorio de Ponte Noalla con accesibilidade mellorada
UNHA REFORMA MELLORA A ACCESIBILIDADE DO CENTRO DE SAÚDE DE SAN CIBRAO EN PONTE NOALLA
- A asistencia sanitaria aos 2800 usuarios deste concello repártese entre os centros sanitarios de Ponte Noalla e San Cibrao
- Un investimento de 12.000 euros permitiron realizar obras de reforma en Ponte Noalla mellorando súas instalacións
A responsable da Xerencia de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde en Ourense, Eloína Núñez, xunto co alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández, visitaron onte o consultorio de Ponte Noalla, onde este concello ven de realizar unhas obras de mellora, nas que investiron preto de 12.000 euros,
As obras permitiron cambiar o acceso ao centro sanitario, dotandoo dunha rampla adaptada, o que mellora a accesibilidade ás instalacións, e habilitar unha nova área de admisión e cita previa, ademais de ampliar o espazo de almacenamento de material e mellorar a confortabilidade da zona de espera dos usuarios.
Os 2.800 usuarios con tarxeta sanitaria adscrita a este municipio, contan con dous centros sanitarios, este de Ponte Noalla, e outro en San Cibrao que, en conxunto, contan cun cadro persoal formado por dous médicos, dúas enfermeiras, unha matrona e un PSX (persoal de servizos xerais).
No que atangue a súa oferta asistencial, San Cibrao conta cunha carteira de avanzada de servizos de atención Primaria polo que, xunto coa asistencia básica de prevención e coidado da saúde, desenvolven directamente nos centros de saúde Cirurxía Menor e Programa da Muller. Este último centrado na súa atención integral, ao longo do proceso vital, atendendo ás distintas etapas do ciclo reprodutivo, incluíndo desde a planificación familiar ao seguimento do embarazo, como á prevención ou controis de saúde específicos da muller como prevención de cancro de mama ou de útero.