O concurso de fotografía ‘Galicia, a todo tren’ recibe máis de 4.500 visitas

Fotografía gañadora do concurso Galicia, a todo tren

Fotografía gañadora do concurso «Galicia, a todo tren» – Xunta

 

Según datos facilitados pola Xunta, o concurso de fotografía convocado por Turismo de Galicia na rede social Facebook para promover ao longo do verán as rutas dos trens turísticos de Galicia recibiu un total de 4.508 visitas entre os días 28 de xullo e 7 de setembro.

No concurso ‘Galicia, a todo tren’, participaron 225 persoas que subiron cadansúa fotografía ao longo do case mes e medio que durou a promoción.

Estas fotografías recibiron 1.219 votos en total e foron cursadas 208 invitacións para participar no concurso.

A fotografía titulada ‘Faro de Estaca de Bares’ resultou gañadora con 122 votos. En segundo lugar, con 104 votos, quedou a fotografía que leva por título ‘Déitase o sol’, e o terceiro posto foi para a imaxe ‘Castro de Baroña, placer para los sentidos’, con 102 votos.

También te podría gustar...