O Concello do Barco publica as bases para a concesión de subvencións para rehabilitación de fachadas en núcleos tradicionais e centros históricos
O Concello do Barco publica as bases para a concesión de subvencións para rehabilitación de fachadas en núcleos tradicionais e centros históricos, unha vez aprobadas pola Xunta de Goberno Local de 21 de este mesmo mes de agosto de 2014.
Nelas regúlase o réxime de subvencións para rehabilitación de fachadas en núcleos tradicionais e centros históricos no termo municipal do Barco de Valdeorras, procédese a súa publicación para que a partir do día seguinte da inserción no Boletín Oficial da Provincia e na páxina web do concello e ata o día 30 de novembro de 2014.
Aquelas persoas particulares ou representantes legais de comunidades de veciños, poidan presentar no Rexistro Xeral deste concello de 9:00 a 14:00 horas de luns a sábado solicitude de subvención segundo modelo que se lles facilitará na Oficina de Obras deste concello situada na Praza do Concello nº 2, primeiro piso, de O Barco de Valdeorras.