O Concello do Barco, invitado pola Fundación Energy Globe Adward a participar nos seus premios mundiais de medio ambiente
Os convocantes valoran o traballo realizado nos últimos anos no ámbito da sostibilidade.
O Concello do Barco foi invitado pola organización dos premios Energy Globe Adward á sostibilidade.
Trátase do premio máis importante e destacado de todos os que se conceden no mundo relacionados co medio ambiente. Premia proxectos a nivel nacional e internacional que, por unha parte, usan recursos de xeito sustentable e, por outra, utilizan enerxías renovables ou libres de emisións contaminantes.
No caso do Concello do Barco, na carta de invitación remitida pola organización ao Departamento de Medio Ambiente valóranse os proxectos desenrolados polo goberno local nesta materia, entre os que se poden mencionar o núcleo de sostibilidade, con todo o que esto implica, a Axenda 21, os premios Bandeira Verde, os programas de compostaxe e reciclaxe, e proxectos relacionados coa optimización dos recursos naturais.
Os premios Energy Globe Adward creáronse no ano 1999, e cada ano estúdanse 1000 proxectos, coa participación de 165 países de todo o mundo. Os postulantes presentan as mellores prácticas ou solucións sostibles, en calquera das 5 categorías existentes (terra, fogo, auga, aire e xuventude). A organización concede un premio nacional, entre todos os proxectos de cada país, e outro internacional para cada unha das categorías mencionadas, e entre eles, un Gran Ganador.
A Fundación Energy Globe ten a súa sede en Austria, país no que, no outono, celebrase a gala para dar a coñecer aos ganadores das modalidades mundiais. O Concello está preparando o proxecto, que será remitido en breve á Fundación que concede os premios.