O Concello de Viana sensibiliza contra a violencia de xénero con obras de teatro, obradoiros para adolescentes e unha campaña con reparto de camisetas

  • “Tacóns na corda” porase en escea o venres, 25 de novembro, a partires das 20,15 horas

 

Concello de Viana de O Bolo, xunto co Centro de Información á Muller de Viana, están levando a cabo una serie de actividades para conmemorar o Día internacional contra a violencia de xénero, que se celebra o vindeiro 25 de novembro. Precisamente, durante esta xornada do venres, haberá unha obra de teatro, as 20,15, para público adulto, na Casa da Cultura titulada “Tacóns na corda”.

imaxe-2

 

O  obxectivo das actuacións e actividades organizadas é o de concienciar á sociedade vianesa sobre esta lacra social que é a violencia contra as mulleres

Este ano as iniciativas, segundo o Concello de Viana, “son moitas e moi variadas para poder chegar ao maior número de xente posible” (dende nenos/as de curta idade ata persoas adultas).

cartel-25-novembro-actividades

 

As principais vías de acción para conmemorar este 25 de novembro ao longo de toda a semana son dúas obras de teatro (a de “Roedores”, que tivo lugar este luns, contou co alumnado do CEIP Bibei ao completo como público e parte do  alumando do IES Carlos Casares) e a de “Tacóns na corda”, para o venres; obradoiros educativos para adolescentes (no IES Carlos Casares); Xornada formativa en Habilidades Sociais ( no que participan 20 alumnos/as) e campañas de sensibilización nos establecementos e organismos públicos. 

cartel-25-de-novembro-definitivo

 

Tamén no pleno municipal que tivo lugar o pasado xoves 17 de novembro aprobouse unha “moción a prol da ampliación da acreditación por violencia machista, da creación do “Estatuto do Feminicidio” e da toma de medidas contra as consecuencias sobre as mulleres da desigualdade económica”. 

Ademais, estanse a repartir camisetas toda a semana nos establecementos e institucións públicas.

cartelhh-ss2

También te podría gustar...