O Concello de Quiroga acaba de editar a programación cultural para este verán
O Concello de Quiroga acaba de editar a programación cultural para este verán na que se inclúen numerosas actividades que teñen como destinatarios todos o sectores da poboación.
Unha boa cantidade de actividades van dirixidas aos máis pequenos, por ser eles os que dispoñen de máis tempo libre no verán. Cabe salientar, entre as actividades dirixidas a este sector, os CAMPAMENTOS DE VERÁN que se desenvolverán de luns a venres, ao longo da mañá durante os meses de xullo e e agosto. Tamén, para os máis pequenos espectáculos de animación e xogos infantís na rúa.
Para todas as idades deportes : Liga de de fútbol- sala , andaina e carreira nocturna á Conchada, CAMPUS DE FÚTBOL do 13 ao 18 de agosto, II Torneo “Street Soccer”, Día da Bicicleta, etc.
Para a xuventude unha nova iniciativa o PROGRAMA DE OCIO XUVENIL con obradoiros, xogos, xincanas e noites alternativas. A maiores a Festa da Xuventude e concursos de fotografía e poesía, entre outras actividades.
Excursións a Santiago, ás Rías Altas, á Ribeira Sacra; baile salón , Música na Rúa son algunhas das alternativas dirixidas aos adultos en xeral dende o Centro Social e a Área de Cultura e o CIM.
Exposicións de debuxo e pintura de artistas locais e foráneos ocuparán a sala de exposicións municipal.
Exposicións , Encontro de poetas. Importantes espectáculos de animación de rúa como por exemplo “Circo”a cargo de Troula Animación, encherán o tempo de ocio familiar no verán.
Outro importante evento cultural no que colabora o Museo Xeolóxico do Concello de Quiroga son as II Xornadas de Xeoloxía na Ribeira Sacra, organizadas por o Grupo de Desenvolvemento local Ribeira Sacra e que terán lugar no vindeiro mes de xullo.
As FESTAS DE VERÁN, e a XXIII FEIRA DO MEL incrementarán as actividades de ocio e lecer, achegando coa súa programación propia, actividades deportivas, lúdicas e musicais para todos os veciños e veciñas no mes de agosto.
Algunhas destas actividades contan coa colaboración da Xunta de Galicia e da Excma. Deputación Provincial a través de programas como Cultura no Camiño e Musiqueando respectivamente.