O Concello de O Barco resultou gañador do premio ao mellor Concello menor de 15.000 habitantes nos V premios Galicia a la Xestión Deportiva
O Concello de O Barco resultou gañador do premio ao mellor Concello menor de 15.000 habitantes nos V premios Galicia a la Xestión Deportiva que otorga AGAXEDE, Asociación de Sextores Deportivos de Galicia e que levan concedéndose dende o ano 2010 a persoas o institucións que destacan pola súa contribución ao desenrollo e excelencia na xestión deportiva na Comunidade Autónoma de Galicia.
Dende a Concellaría de Deportes do Concello do Barco se desenvolven de xeito habitual unha gran variedade de actividades e eventos deportivos cos que se pretende motivar/potenciar/fomentar na participación no deporte a toda a poboación en xeral. O traballo que se ven realizando pode dividirse nos seguintes apartados: Este é un breve resume do traballo que se ven realizando.
- Escolas Deportivas Municipais (EDM):. En torno a 1000 participantes este curso. Para os usuarios de entre 4 e 16 anos, existen as modalidades de multideportiva, iniciación aos deportes colectivos, fútbol, fútbol-sala, tenis, atletismo, baile, zumba, baloncesto, ximnasia rítmica, ballet, ximnasia acrobática, bádminton, ping-pong, balonmán, hockei-sala, etc. Nas dirixidas aos usuarios de máis de 16 anos, contase coa seguinte oferta: padel, adestramento funcional, ximnasia de mantemento, aerobic, zumba, pilates, bailes de salón, tenis e bádminton.
- Actividades deportivas de outono-inverno: neste período organízanse e prográmanse diferentes actividades: sendeirismo, carreiras populares, rutas de ciclismo (BTT), e, en Nadal, Carreira Popular do Turrón, Torneo «Roscón de Reis» de 3×3 de Fútbol-Sala/Baloncesto/Volei, Concurso de Triplas, e Torneo de Nadal de Fútbol 7.
- Programación de actividades de primavera-verán: realízase unha campaña con programación estruturada mes a mes, con moitas e diversas actividades.
4) Exhibicións: organízanse diferentes exhibicións de deportes máis alternativos coa finalidade de difundilos, coma a Exhibición de Biketrial do dobre campión de Europa e Campión do Mundo Javier Alonso, celebrada no verán.
- Eventos deportivos: durante o ano organízanse diferentes eventos:
-Descenso Internacional do Sil: catalogado coma máxima categoría dentro da Federación Galega de Piragüismo en travesías e ríos, acadando unha participación de entre 350 e 400 palistas, entre eles algúns de proxección internacional.
-Milla Urbana “Festas do Cristo”: milla tradicional xa para a Federación Galega de Atletismo, con modalidades feminina, masculina e infantil.
-Volta ciclista a Valdeorras: Participan 300 ciclistas chegados de distintos puntos de España.
6) Apoio aos Clubs Deportivos: durante todo o ano realizase apoio aos Clubs Deportivos con sede no Barco de Valdeorras, con axudas económicas, de cesión de instalacións municipais e respaldo e colaboración coas actividades que organizan.