O Concello de O Barco emite un comunicado ante as críticas do PP de verquidos incontrolados na Raña

Praza do concello

 

Vistas as críticas realizadas polo PP do Barco sobre a existencia de verquidos incontrolados na Raña, faise necesario puntualizar varias cuestións:

1)O PP do Barco parece descoñecer a propiedade dos terreos nos que se acumulan os verquidos incontrolados. O IGVS e Xestur son os propietarios e xestores deses terreos. Trátase de organismos da Xunta de Galicia, e polo tanto son as entidades responsables de que teñan nas condicións de limpeza e salubridade que se requiren a todos os propietarios de terreos, sexan públicos ou privados, neste Concello.

2)O Concello remitiu ó Instituto Galego de Vivenda e Solo escritos e documentación relativos ós verquidos incontrolados, solicitando a limpeza dos mesmos. Nun deles, en xuño de 2014, se lles comunicou a existencia dun acta de investigación ambiental, e se advertía de que o Concello, “antes de iniciar un expediente provocado por un acta levantada por un organismo da Xunta, que afecta a outro departamento autonómico, considera que o razoable sería o inicio das xestións precisas para a eliminación dos verquidos no Parque Empresarial”. O mesmo escrito foi remitido á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, da Consellería de Medio Ambiente, da Xunta de Galicia. Ambos, sen resposta ata o día de hoxe

3)Pese a que a responsabilidade de manter os terreos en perfectas condicións corresponde ó propietario, o Concello chegou máis lonxe, e decidiu, o ano pasado, solicitar unha subvención á Consellería de Medio Ambiente para a eliminación de 7 vertedoiros incontrolados no termo municipal do Barco, entre eles o da Raña. Pese a que a subvención foi denegada, o Concello eliminou, con cargo ós seus presupostos, os outros seis verquidos detectados. Ademais, e dado que as rodas acumuladas nesta zona suporían un perigo para os cidadáns no caso de que se provocara un incendio, xa se fixeron xestións cun xestor autorizado para a retirada desas rodas.

4)Dito o anterior, esta Concellería non acaba de entender que pretende o PP. Quere que, con cargo ós presupostos municipais (os cartos de todos os veciños do Concello), se pague a limpeza duns terreos con propietario coñecido?

Por último, hai que recoñecer un erro por parte deste Concello: manter ese respecto institucional concepto o grupo popular non sabe nin o que é) e tratar de buscar unha solución, negociando co propietario para lograr unha solución se necesidade de iniciar un expediente sancionador, que sempre.

Pero dado que ó PP lle preocupa tanto esta cuestión, na próxima Comisión de Medio Ambiente proporase o inicio dun expediente contra a Xunta de Galicia polos verquidos existentes na zona de A Raña.

También te podría gustar...