O Concello de O Barco anuncia a celebración do II Taller de Cerveza Artesanal

doa-sangue2

 

O Concello de O Barco anuncia a celebración do II Taller de Cerveza Artesanal.

O Centro de Promoción de Produtos Tradicionais do Concello do Barco organiza o II Taller de Cervexa Artesanal. Celebrarase os sábados 7 e 14 de marzo, en instalación do IES Martaguisela, e dispón de un máximo de 50 prazas. A inscrición é gratuita para todos os interesados.

A inscrición poderá realizarse na sede do Centro de Produtos Tradicionais (Edificio Multiusos, baixo), chamando o teléfono 988320404 (extensión 158), ou dirixindo un correo electrónico a cpt@eixointerior.com.

O horario de celebración do curso será, o sábado día 7, de 11 a 13,15 horas, e de 14,45 a 18,30 horas, e o día 14, de 11 a 14 horas, e de 16 a 17,30 horas. Ademáis da elaboración de cervexas de diferentes tipos, o taller inclue tamén unha cata para que todos os asistentes coñezan os segredos de esta bebida

También te podría gustar...