O Concello de A Veiga organiza el “I Trail e andaina Trevinca-AVeiga. II Campionato de Galicia de Trail” que se presenta hoxe no Pazo Provincial
- Será o 3 de abril sendo unha proba oficial da Federación Galega de Atletismo e xa se poden formalizar as inscripcións
- Se presenta hoxe as 12:00 horas na Sala de Xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense
- O acto contará coa presenza da deputada provincial de Turismo, Ana Villarino; o alcalde do Concello da Veiga, Juan Anta; e o director técnico e o delegado da Delegación Valdeorresa de Atletismo, Agustín González Ruiz e Manuel Rodríguez Teijeiro, respectivamente
O Concello de A Veiga organiza o “I Trail e andaina Trevinca-A Veiga. II Campionato de Galicia de Trail”, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, o Club ADAS de O Barco, a Secretaría Xeral para o Deporte, Deporte Galego e Trotadas Valdeorras. Está patrocinado pola Deputación provincia del Ourense e o Inorde.
Celebrarase o domingo 3 de abril de 2016 en A Veiga-Trevinca, sendo unha proba oficial da Federación Galega de Atletismo e do I Circuito de Carreiras Populares “Compartindo Valdeorras”, que patrocina o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), Tri Sport e Ambulancias Sil.
As inscripcións se realizarán a través a web de CARREIRAS GALEGAS ( http://www.carreirasgalegas.com/ ).
As inscripcións para o Campionato de Galicia, Xunior, Promesa, Absoluto e Veterano de Trail terán que ser realizadas a través dos respectivos clubs federados dende a plataforma de inscrpción online da RFEA: https://isis.rfea.es/sirfea2
Os/as atletas federados/as inscritos/as no Campionato de Galicia que queiran optar ós premios do Trail “popular” e recibir a bolsa do corredor, deberán apuntarse ón Trail a través de www.carreirasgalegas.com.
As inscripcións deberán estar en poder da Organización antes das 23.00 h. do xoves 31 de marzo e custarán para a o Trail e Andaina 10 € (ata o dia 28 de Marzo as 23.59 h) e 15 € (dende o 28 ó 31 de marzo)
Os dorsais recolleranse, o mesmo día da proba, a partir das 09:00 horas e ata as 10:00 horas no lugar de saída na Praza da Feira no Concello de a Veiga. Non se entregarán dorsais despois da hora límite (10:00 horas).
Poderán participar atletas federados/as e non federados/as, maiores de 18.
De forma simultánea terá lugar o Campionato de Galicia, xunior, promesa, absoluto e de veteranos de Trail (Federación Galega de Atletismo), exclusivo para atletas federados/as. Os que queiran optar ós premios do Trail “popular” e recibir a bolsa do corredor, deberán inscribirse no Iº Trail Trevinca-A Veiga .
Para optar ós premios por equipos, deberán rematar a carreira, como minimo, 4 atletas de cada equipo, puntuando os catro primeiros de cada equipo. Gañará o equipo que sume menos puntos en función dos postos acadados polos seus atletas. Para esta clasificación solo se terá en conta o Trail largo. Os equipos poderán estar formados por homes e mulleres. Faranse control de paso en varios puntos do circuito.
A organización recomenda ós inscritos consultar ó regulamento de participación e facer un recoñecemento de aptitude médico-deportivo que descarte calquera patoloxía que impida a sua participación.
Os premios do I Trail Trevinca-A Veiga (largo) contemplan trofeos ós tres primeiros clasificados na categoría masculina absoluta; na categoría feminina absoluta; na categoría masculina veterano e na categoría feminina veterana;
Por equipos, o trofeo será para para os tres primeiros equipos clasificados.
En canto ós premios I Trail de Trevinca-A Veiga (corto) son para os tres primeiros clasificados na categoría masculina absoluta, e os tres primeiros clasificados na categoría feminina absoluta.
E os premios do II Campionato de Galicia de Trail constan de medallas conmemorativa do campionato para os tres primeiros clasificados nas seguintes categorías: xunior, promesa, sénior e veteráns masculino e feminino.
Por equipos, o trofeo será para os tres primeiros equipos federados clasificados.