O Concello de A Pobra de Trives lembra que segue aberto o prazo para a Acreditación de Competencias Profesionais
O Concello de A Pobra de Trives indica que dende o pasado 8 de xaneiro e ata o vindeiro 6 de febrero está aberto o prazo para inscribirse na acreditación de competencias da convocatoria 1025, correspondente ao proceso convocado no DOG o 16 de decembro pasado coa denominada Acreditación de Competencias Profesionais.
Lembramos que con esta Acreditación quérese que as persoas que haxan adquirido os seus coñocementos profesionais desenvolvendo unha actividade laboral sen titulación, podan adquirir a mesma.