O Concello da Rúa pide disculpas a tódolos seus veciños polas molestias ocasionadas polas obras de abastecemento e saneamento
O Concello da Rúa quere pedir disculpas a tódolos seus veciños polas molestias ocasionadas polas obras que se están realizando estes días no noso pobo. Entendemos que as reparacións nas beirarrúas e as calzadas sempre ocasionan trastornos, pero queremos destacar a importancia do proxecto que estamos executando.
rátase da primeira das tres fases nas que se levará a cabo un plan de abastecemento e saneamento integral dende a rúa Felgar ata a rúa Chile, dende a Praza do Concello ata San Roque, e dende a rúa Noria ata os depósitos de Barreais. Depósitos que tamén se modernizarán, ademais de cambiar as bombas da estación de bombeo.
Con esta obra substituiranse tódalas tuberías vellas de fibrocemento por unhas novas de pvc, coas que evitaremos que os veciños sigan sufrindo molestias polas continuas roturas ou pola aparición de auga turbia. Ademais, non debemos esquecer o importante aforro que esta actuación suporá para as arcas do concello e o seu beneficio ecolóxico, xa que, por culpa das tuberías vellas, cada ano se estaban perdendo uns dous millós de litros de auga.
Este proxecto, no que tamén se inclue a reposición de tódalas beirarrúas do tramo que vai dende a Praza do Concello ata San Roque, na parte dereita en dirección ó Barco; está presupostado en dous millóns e medio de euros. Desta cantidade, investiranse 721.000 nesta primeira fase. Moitas gracias a todos pola vosa comprensión e pacienci