O Concello da Rúa e a Deputación recuperarán tres camiños en San Julián e Fontei
- O Concello da Rúa e a Deputación recuperarán tres camiños en San Julián e Fontei.
- Os veciños poderán volver a pasearpor sendeiros abandonados hai máis de vinte anos
O alcalde da Rúa, Avelino García Ferradal, chegou a un acordo coa Deputación de Ourense para recuperar tres camiños do municipio que están abandonados dende haimáis de dúas décadas.
Un deles atópase na zona da Carballeira en Fontei, mentres que os outros dous, ubicados na parroquia de San Julián, axudarán notablemente a reducir as distancias para chegar á Fonte de Trabe.
Un técnico do ente provincial supervisou onte as zonas onde se desenrolarán os traballos acompañado do rexidor rués.
As obras, que se espera que comecen nas próximas semanas, serán financiadas pola Deputación, mentres que o Concello só terá que facerse cargo dos gastos de combustible.
Camiños esquecidos Grazas a labor da corporación local ruesa, cada vez son máis os antigos camiños
abandonados que se recuperan para o uso dos veciños.
Neste caso, trátasen de tres sendeiros polos que había máis de 20 anos que non podía pasar a xente debido ó mal estado no que se atopaban. Os rueses poderán volver a aproveitar estas rutas esquecidas dende hai moito tempo para facer senderismo, practicar deporte ou, simplemente, reducir as distancias que separan as parroquias e lugares do concello.