O Club de Montañeiros Celtas achega a súa experiencia ao alumnado de Seoane
O Club de Montañeiros Celtas, en colaboración co Xeoparque Montañas do Courel e o Concello de Folgoso do Courel, vai realizar varias actividades no CPI Poeta Uxío Novoneyra os vindeiros días 13 e 14 de xuño.
A axenda comezará o luns arredor das dez da mañá coa presentación e explicación das actividades de orientación. Tamén haberá un agasallo para todos os nenos e nenas participantes.
Ás 11:00 horas os alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primara farán una marcha de orientación na aldea de Parada.
Ao remate, arredor das 12:15 horas haberá un relatorio sobre a ‘Ascensión ao Annapurna (8091m)-Himalaia’, por Sechu López, o primeiro galego en subir a este monte, considerado un dos máis difíciles do mundo. A actividade diríxese a alumnas e alumnos de Secundaria.
A axenda retómase o martes día 14 ás 11:00 horas cunha marcha de orientación na aldea de Moreda para alumnos e alumnas de Secundaria.
Concello:
grazas ao Club de Montañeiros Celtas por achegar a súa experiencia ao alumnado do colexio de Seoane