O CHUO limita o uso de formol implantando un sistema de recollida en vacío das mostras de tecidos

  • O C.H. de Ourense primeiro hospital galego en implantar un sistema de recollida en vacío das mostras de tecidos limitando o uso de formol 
  • Responsables do Hospital Universitari Vall d´Hebron de Barcelona visitaron o CHUO para coñecer o funcionamento deste novidoso sistema de cara a súa implantación
  • A principal vantaxe do sistema é limitar o uso de formol e a exposición, tanto no propio servizo de anatomía patolóxica como nas áreas cirúrxicas, garantindo ademais da seguridade a conservación óptima das mostras
  • Para súa implantación o CHUO fixo un investimento cuatrianual de 231.800 euros, que permitíu instalar os novos equipos na área cirúrxica e no servizo de Anatomía Patolóxica e cambiar a un sistema de almacenaxe e xestión de residuos mais seguro

 

CHUO. Por Rafael

CHUO. Por Rafael

Responsables do Hospital Universitari Vall d´Hebron visitaron o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, para coñecer o funcionamento do novo sistema de recollida en vacío das mostras de tecidos para análise, que limita o emprego de formol, reducindo así os riscos de exposición a esta substancia, e que foi implantado, por vez primeira nun hospital galego, o pasado mes de febreiro desde o Servizo de Anatomía Patolóxica.

Para a posta en marcha deste novo sistema que garante a seguridade, integridade e conservación das mostras de tecidos desde a súa extracción e recollida, nos quirófanos, ata seu procesamento no Servizo de Anatomía Patolóxica, limitando o uso e exposición ao formol, o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense realizará un investimento cuatrianual de 231.800 euros, o que permitíu dispoñer, xa este ano, de novo equipamento para a preservación mediante vacío. Para elo situáronse dous equipos de selado de mostras biolóxicas ao vacío (TissueSAFE), no bloque cirúrxico, que permiten conservar os tecidos ata súa recepción en biobanco, e dous mais de fixación automatizada controlada de mostras (SealSAFE) no Servizo de Anatomía Patolóxica.

Asemade, para dar unha resposta adaptada ás necesidades e volume de actividade dos distintos puntos de extracción mostras pequenas (biopsias, puncións, etc.) o complexo adaptouse a un novo sistema mais seguro e que evita o manexo directo de formol, mediante o uso de envases precargados neste fixador, que evita o manexo desta substancia e, ao estar dotados dun sistema de control de emisións de vapores tóxicos, evita a exposición aos seus gases.

Seguridade das mostras e limitación dos riscos

Todas estas medidas están dirixidas a eliminar o uso de formol alí onde é posible, limitar seu manexo e, por riba de todo, reducir os riscos derivados da exposición e uso desta substancia, porque o formol, ou formoldehido, pese a ser a substancia empregada universalmente como conservante e fixador dos tecidos, é altamente tóxica, irritante, volátil, inflamable e está clasificado pola Axencia Internacional para a Investigación do Cancro (OMS) como sustancia canceríxena de Grupo 1.

Seu uso remóntase xa ao século XIX e, pese a que na actualidade se coñece o risco que comporta a manipulación e exposición aos seus gases, aínda non existe un produto alternativo autorizado que cumpra esa función. Por elo, o obxectivo principal tanto no CHUO, como do resto de hospitais, é reducir ao máximo os riscos derivados da exposición e limitar, na medida do posible seu uso, adaptándose ás recomendacións das autoridades sanitarias e sociedades científicas.

Con este obxectivo, desde o Servizo de Anatomía Patolóxica realizouse unha fonda avaliación do seu uso en todo o centro, decidíndose a substitución do formaldehido en todos aqueles procesos onde técnicamente é posible e implantar esta innovadora solución. Asemade realizouse unha extensa programación de formación do persoal, tanto de quirófano como de Anatomía Patolóxica, para adaptarse ao novo sistema de traballo.

Eliminación do formol nas áreas cirúrxicas

Co novo sistema, o de Ourense foi o primeiro hospital de Galicia en eliminar o uso de formol nas áreas cirúrxicas, coa conseguinte eliminación de riscos. Hai que ter en conta que, ata agora, o maior consumo e manexo de formol, fora do Servizo de Anatomía Patolóxica, realízabase nestas áreas, onde se extraen as pezas para análise e se procede ao seu envasado, para conservalas ata seu traslado a Anatomía Patolóxica.

Nos quirófanos do CHUO manexábase ata agora un volume anual de 200 litros de formol que, desde o pasado mes de febreiro, pasou a cero -grazas ao sistema de preservación en vacío e conservación en frío- ao igual que no resto do hospital onde, a implantación do novo sistema de envases precargados, evita ao persoal o manexo desta substancia, na totalidade de salas onde se extraen mostras pequenas (biopsias), como en Dixestivo, Uroloxía, Pneumoloxía, Dermatoloxía, Hematoloxía, Xinecoloxía e Radioloxía. Neste momento, a Xerencia traballa na implantación tamén nos Centros de Saúde e nos hospitais comarcais.

También te podría gustar...