O CHUO insta a CESM-OMEGA a reconsiderar a convocatorio de folga para protexer os dereitos dos pacientes
-
Dirección mantén seu compromiso dando cumprimento aos puntos acordados informando aos profesionais do seu grao de cumprimento
- Non se pode xustificar unha nova convocatoria de folga baseada nos mesmos puntos nos que se está chegando a acordos cos servizos implicados
Ante a nova convocatoria de folga médica por parte dos sindicatos CESM-OMEGA no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a Dirección insta aos convocantes a reconsiderar súa postura para evitar perxudicar aos pacientes cunha medida claramente inxustificada e sen o apoio da maioría dos profesionais, tendo en conta, tanto o baixo seguimento da convocatoria anterior (secundada polo 18,6% dos facultativos), como o avance no cumprimento dos acordos acadados por parte da dirección e dos que se lles está dando puntual comunicación aos traballadores.
Pese a elo, a Dirección reitera novamente súa plena disposición ao diálogo cos dous sindicatos convocantes, lembrándolles que son os servizos e os profesionais cos que se abordan e acordan diariamente os aspectos organizativos, algúns deles novamente incluídos na convocatoria.