O Centro Superior de Hostalería de Galicia celebra hoxe unha xornada de portas abertas
O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) abre as súas portas durante o día de mañá para dar a coñecer o centro a aquelas persoas que queiran estudar dirección hoteleira ou xestión en cociña.
Os interesados poderán visitar todas as instalacións que conforman o Centro, visitando os seus cinco edificios.
O obxectivo da xornada é que os candidatos e as súas familias podan dispoñer de toda a información sobre o que é o Centro Superior de Hostalería de Galicia, onde van a estudar e cómo será súa vida profesional se estuda calquera das titulacións ofertadas.
A visita comezará ás 11 horas e constará dun traxecto cun itinerario que pasará polas aulas teóricas e de idiomas, biblioteca, aulas de cata e cociña demostración, aula de restaurante á carta, aula de Recepción e Aloxamento e a Residencia.
Ás 12:30 horas haberá unha presentación na que se explicará aos asistentes asuntos de gran interese como as tarifas, bolsas, probas de acceso, matrícula, etc. Así mesmo, se responderán todas as preguntas e dubidas que teñan tanto os candidatos como os seus familiares.
A xornada de portas abertas contará coa participación de profesores así como de alumnos que estudan na actualidade no Centro Superior de Hostalería de Galicia.
Nos próximos meses celebraranse máis xornadas de portas abertas, tendo lugar un sábado cada mes ata xullo, así como días de semana que coincidan coas probas de acceso, un dos requisitos para matricularse no CSHG.