O Centro Cultural «Marcos Valcárcel» exhibe a mostra «Darwin e o evolucionismo»
O Centro Cultural «Marcos Valcárcel» da Deputación de Ourense exhibe ata o vindeiro 31 de maio a mostra «Darwin e o evolucionismo», unha exposición que fa un percorrido pola vida e a obra do científico Charles Darwin (1809-1882) incluíndo a súa viaxe no Beagle, no que embarcou co mo naturalista e onde comezou a estudar gran cantidade de especímenes de fauna e flora. Nesta viaxe comprendeu que a separación xeográfica e as distintas condicións de vida eran a causa de que as poboacións variaran independentemente unhas de outras.
Esta exposición, producida pola Fundación Atapuerca, tamén fai referencia a como Darwin elaborou a súa teoría sobre a orixe das especies e a implicación desta na evolución do ser humano. A mostra ten un marcado carácter educativo, moi indicada para escolares. Os centros interesados poden concertar visita no centro cultural ( centrocultural@depourense.es ou no 988317895).